
"Botar unha cometa
era guindar os soños
todos pola fiestra.
Era poñer a ialma
por enriba das ponlas
máis ergueitas da fraga.
Era andar cos miñatos
nun outo vóo suspenso
sobor da paz dos campos.
Era ter -cousa meiga!-
o corazón atado
cun longo fío á terra"
Xosé María Álvarez Blázquez, Día das Letras Galegas 2008.
(Xa non me cae tan mal ese "súper" que non aturo...)