
"Botar unha cometa
era guindar os soños
todos pola fiestra.
Era poñer a ialma
por enriba das ponlas
máis ergueitas da fraga.
Era andar cos miñatos
nun outo vóo suspenso
sobor da paz dos campos.
Era ter -cousa meiga!-
o corazón atado
cun longo fío á terra"
Xosé María Álvarez Blázquez, Día das Letras Galegas 2008.
(Xa non me cae tan mal ese "súper" que non aturo...)
2 comentarios:
Algún día tiñan que ter un bó detalle. Que non se lles esquezan os outros días do ano.
Espero que te vaias afacendo de novo ás rutinas laborais. Non che queda outra... ;)))
Bicos
Xocas / Setesoles
¡Ola, Xocas! Pois sí, o detalle dende logo foi toda unha sorpresa que descubrín mentres iba no bus e de casualidade... Ainda que sigo sen aturar a eses que nos cartéis amarelos dos precios rebaixados poñen un céntimo de menos (mirade debaixo o precio orixinal, mirade...
Voume facendo, voume, que non é pouco, coma o amencer XD; a rutina é de casa o choio, do choio ao sofá (á durmir) do sofá á cama e da cama ao choio... Pero imos indo.
Biquiños e gracias.
Publicar un comentario